• Facebook
  • Instagram

Premios Imaxe Galicia

Premios Imaxe Galicia

Os Premios Imaxe Galicia nacen como un encontro no que descubrir as tendencias do sector da perruquería e a estética de Galicia. Un marco ideal no que afrontar novos retos creativos e no que sexa recoñecida a calidade profesional do sector na nosa comunidade.

Con estos premios queremos pór en valor a capacidade creativa e técnica da nosa profesión. Unha carreira na que a innovación xunto coa formación son chaves esenciais para a diferenciación.

Un punto de conexión entre profesionais para que florezan sinerxias que fagan crecer, evolucionar e visibilizar o talento do noso sector. Un proceso que culminará nunha gala que aspira a ser unha auténtica festa da perruquería e da estética.

Categorías

Mellor colección

COMERCIAL FEMININA

Calquera encargo que poidas facer no salón. Propostas enfocadas a una interpretación diferente da perruquería diaria aplicada aos tratamentos do cabelo.

Mellor colección

COMERCIAL MASCULINA

Aqueles traballos que podes facer para os teus clientes masculinos: cortes, peiteados… Sinxelos de levar, son aplicables aos usuarios do teu salón e os poderíamos ver pola rúa.

Mellor colección

VANGARDA

Traballos sen límites. Ideas innovadoras, novos camiños e materiais diferentes sen freos que condicionen a túa imaxinación. O ceo é o único límite.

Mellor perruqueira/o

REVELACIÓN (- 25 ANOS)

Pódense presentar aquelas mozas e mozos menores de 25 anos cunha colección comercial, de vangarda ou de calquer xénero. As únicas condicións son creatividade e técnica.

Mellor colección

BODYPAINT

Para a maquillaxe máis eleborada, creativa, innovadora e precisa de libre inspiración na que se cubra a totalidade do corpo.

Mellor

PASARELA

Entre as coleccións que desfilen na gala, elixirase aquela que destaque pola súa posta en escena. Todos os elementos contan na valoración: música, estilismo, actuación…

Honorífico

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Un premio adicado a toda unha vida no sector. Á figura que enriqueceu co seu saber facer a nosa profesión e que tratou de asegurar o bo estado da perruqería co seu método e forma de traballo.

5 categorías desfilables con 3 posibles finalistas

Rexistro
Premios Imaxe Vigo 2019

DATOS PERSOAIS

Data de nacemento:

DATOS PROFESIONAIS

Traballas por conta propia ou allea?
Conta propia
Conta allea
Es socio de FEPEGA? Non Si
Es estudante? Non Si

Xurado

Un xurado que reúne hitos da estética para os Primeiros Premios Imaxe

Manuel Mon
Perruquería

LUIS ROMERO

Propietario Peluquerías Romero e Membro de Honra de Intercoiffure España

Ademais de ser o fundador das perruquerías que levan o seu apelido, forma parte do consello de Intercoiffure España, asociación que pretende manter esperto o espírito creativo dos profesionais perruqueiros.

O seu extenso currículo comezouno a compoñer aos 14 anos. E a súa ampla experiencia levouno a formar centos de profesionais da imaxe persoal.

JORDI PÉREZ
Perruquería

Mª LUISA SICILIA

Propietaria María Luisa Sicilia Perruquerías
La Barbería de Gracia

marialuisasicilia.com

Transformou o seu saber profesional en distintos centros de imaxe, perruquería e beleza. O seu traballo é recoñecido en toda a nosa xeografía.

María Luisa participa en programas de televisión, imparte cursos de imaxe e protocolo, colabora co REVLON Profesional e tamén forma parte da dirección de Intercoiffure España.

Mª CARMEN CAZCARRA
Barbería

JORDI PÉREZ

Propietario La Barbería de Gracia

labarberia.net

Dende a xerencia da célebre La Barbería de Gracia aposta por facer do seu lugar de traballo un espazo contemporáneo, onde comprender as necesidades do home de hoxe en día.

Recollendo a labor do seu pai, a súa barbería foi recoñecida como a mellor do ano no 2014 e acadou tres estrelas TheQhair, a primeira e única con esta distinción.

MONTSE PÉREZ
Prensa

ÓSCAR MARTÍNEZ

Responsable de Comunicación e RRPP da revista Peluquerías & Barberías

hair-factory.com

Óscar é unha figura máis que importante no equipo de comunicación da prestixiosa revista Peluquería & Barberías que precisamente este ano celebra o seu 50 aniversario.

Ao longo deste tempo, a publicación recolleu nas súas páxinas coleccións de carácter internacional de alto nivel e a súa lectura é practicamente obrigada no noso sector.

HERIBERTO OTERO
Pasarela

CAROLINA BADÍA

Directora Creativa e Estilista Freelance

Carolina traballa para as mellores revistas de moda e estilo de vida do noso país (AD, Vanidad, vogue.es, glamour.es...), así como con marcas (Mango, Bershka, Pedro del Hierro, Desigual...) e colabora tamén na realización de accións especiais para firmas internacionais (Loewe, Carolina Herrera, Lancôme...).