• Facebook
  • Instagram

Como participar nos premios?

Para participar nos premios tes que desenvolver unha colección. Selecciona unha idea que encaixe cunha ou con varias das categorías ás que podes optar e mostra toda a túa destreza creativa.

Cando a teñas creada, rexístrate na web. Só se realizaches correctamente o rexistro na páxina do concurso, poderás continuar co proceso de inscrición da proposta.

No proceso de inscrición terás que achegarnos tres fotografías que representen a colección. Podes inscribirte nunha ou en varias categorías, gardar o proceso e logo achegar o comprobante da transferencia bancaria como aspirante.

Rematado o proceso de inscrición, recibirás un correo electrónico confirmando os datos da túa proposta. Unha persoa da organización encargarase de revisar anonimamente a túa candidatura e, se é aceptada, aparecerá reflectida na túa área persoal. Tamén se che comunicará vía mail.

As fotografías da túa colección mostraranse na galería ó mesmo tempo que abra o periodo de votación do xurado.

Das votacións feitas polos socios de FEPEGA, sairán os tres finalistas que participarán no desfile da gala. Nela, o xurado profesional elixirá os gañadores de cada unha das categorías e a mellor pasarela.

Bases Legais

Consulta as Bases Legais do concurso para coñecer ao detalle todo o proceso:

Bases Concurso

Participa

Mellor colección COMERCIAL FEMININA
Mellor perruqueira/o REVELACIÓN (- 25 ANOS)
Mellor colección COMERCIAL MASCULINA
Mellor colección BODYPAINT
Mellor colección VANGARDA
Mellor PASARELA

300 euros para os gañadores de cada categoría e trofeo conmemorativo

Rexistro
Premios Imaxe Vigo 2019

DATOS PERSOAIS

Data de nacemento:

DATOS PROFESIONAIS

Traballas por conta propia ou allea?
Conta propia
Conta allea
Es socio de FEPEGA? Non Si
Es estudante? Non Si